A priori - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

A priori

En xeral o "a priori" oponse ao "a posteriori", e refírese ao paso de algo anterior a algo posterior en calquera serie ordenada de elementos, independentemente de que esa serie teña lugar ou non no tempo, e de que remita a unha anterioridade temporal, lóxica ou ontolóxica.

Na Escolástica chámaselles "a priori" as demostracións que van da causa ao efecto, da esencia dun obxecto ás súas propiedades. Para Kant, o "a priori" aplícase aos coñecementos cuxa validez non depende da experiencia.